Determinar os procesos a través dos cales as universidades terán que presentar as modificacións que introduzan nos seus títulos universitarios de grao e de máster para a súa comunicación ou avaliación.
O artigo 28.1 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo cal se estable a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, modificado polo Real decreto 861/2010, establece que as modificacións dos plans de estudos teñen que ser aprobadas polas universidades de acordo cos seus estatutos ou normas e, se é o caso, de acordo coa normativa ditada pola Comunidade Autónoma.
As propostas de modificacións dos títulos deben ser froito do proceso de seguimento e, polo tanto, ser o resultado natural e esperado deste proceso. Por este motivo, cada título oficial só se poderá someter ao proceso de modificación, como máximo, unha vez cada curso académico.
As solicitudes de cambios nos títulos universitarios levada a cabo a través do proceso de modificación comporta a introdución na aplicación informática de toda a memoria actualizada e vixente.
Os posibles cambios nos títulos universitarios pódense clasificar en función da súa tipoloxía:
- Modificacións non substanciais: : son aqueles cambios menores que melloran o títuloe que a universidade pode implantar como resultado do proceso de seguimento. Estes cambios recóllense nos informes de seguimento e incorpóranse á memoria do título cando se teña que someter ao proceso de modificación.
-
Modificacións substanciais: son aqueles cambios no título verificado que comportan alteracións na súa estrutura ou na súa natureza e obxectivos. Á súa vez pódense clasificar en dúas tipoloxías:
- Autorizables: son aqueles cambios que afectan a estrutura do título pero non supoñen un cambio na súa natureza e obxectivos. Estes cambios solicítanse a través do proceso de modificación.
- Non autorizables: son aqueles cambios substanciais que afectan a natureza e obxectivos do título verificado e non se poden solicitar a través do proceso de modificación. Estes cambios só se poden facer efectivos solicitando a verificación dun novo título e extinguindo o título implantado.