• A ACSUG colabora activamente en diferentes procesos de avaliación de axudas á investigación

Axudas para a consolidación de unidades de investigación

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Economía, Emprego e Industria aproban as bases para o acceso, en réxime de concorrencia competitiva, ás axudas do Programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación nas modalidades de grupos de referencia competitiva, grupos con potencial de crecemento, redes y proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente.

Grupos de referencia competitiva: Están caracterizados por bos índices de publicacións académicas; un nivel de captación de recursos elevado, aínda que variable segundo a área en que traballen; competitivos a nivel estatal e en moitos casos internacional; con capacidade para formar e atraer mozos investigadores e habituados á cooperación con outros grupos de investigación, con institucións o con empresas. Son axudas para a consolidación de grupos de investigación do SUG que pola súa produción científica e actividade de I+D constitúan unha referencia no Sistema Galego de Innovación.

Grupos con potencial crecemento: Son aqueles grupos que sen alcanzar os niveis de desenvolvemento dos anteriores, teñen calidade investigadora, constatado con criterios estritos, e están na senda que os leve a ser grupos de referencia.

Redes: Integración dos grupos de investigación en estructuras de tipo rede que favorezan o acceso ao coñecemento interdisciplinar, ás fontes de financiamento e a unha reputación que difícilmente poderían acadar de individualmente.

Investigadores con traxectoria excelente: Investigadores e investigadoras que, contando cunha traxectoria excelente, teñen que afianzar unha liña de traballo baseada en proxectos de alto impacto fundamentalmente nacionais e internacionais.

A selección das propostas destinatarias das axudas realízase a partir da suma das valoracións feitas por un panel de avaliadores expertos de fóra do Sistema Galego de I+D+i e pola comisión de selección.

O proceso de avaliación realízase na Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

A competencia para decidir a adxudicación das axudas correspóndelle ao titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou da Consellería de Economía, Emprego e Industria respectivamente.

Prórroga: As axudas serán de aplicación por un período de dúas anualidades prorrogables a outras dúas.

Avaliación final: Poderá someterse a todos os beneficiarios das axudas a unha avaliación final no prazo de 6 meses contados dende a data límite de xustificación da última anualidade.

Panel de Avaliadores externos 2016 (adxudicación: modalidades A B e C - Xunta)

Panel de Avaliadores externos 2016 (adxudicación: modalidades A B e C - Gain)

Panel de Avaliadores externos 2016 (adxudicación: modalidade D - Xunta e Gain)

Panel de Avaliadores externos 2016 (prórrogas)

Panel de Avaliadores externos 2016 (avaliación final)