• Relacións e intercambio de información con outras axencias de calidade e organismos relacionados co ámbito universitario

EQAR

O Rexistro Europeo de Axencias de Calidade (EQAR) foi creado no ano 2008 por ENQA , ESU , EUA e EURASHE , os órganos europeos representantes das axencias de garantía de calidade, estudantes, universidades e outras institucións de educación superior, respectivamente, para incrementar a transparencia da calidade da educación superior en Europa. O EQAR é un rexistro onde se inclúen aquelas axencias de garantía da calidade que operan no Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) consideradas solventes, dignas de confianza e con credibilidade.

O 18 de novembro de 2010, ACSUG foi incluída no EQAR , despois de que este organismo verificara que a ACSUG realiza as súas actividades cumprindo cos Criterios e Directrices para a Garantía de Calidade no Espazo Europeo de Educación Superior (ESG).

En novembro de 2014 o EQAR decide renovar a inscrición da ACSUG no rexistro ata o ano 2019.