• A ACSUG colabora activamente en diferentes procesos de avaliación de axudas á investigación

Axudas posdoutorais

O Plan galego de investigación, innovación e crecemento (Plan I2C) recolle no eixe estratéxico 1 "Xestión do talento", as actuacións de apoio á carreira investigadora, entre os cales se atopa o Programa de apoio á etapa posdoutoral.

A finalidade deste programa é incrementar a incorporación de persoal investigador ao sistema de I+D+i galego fomentando, na súa etapa inicial a mobilidade internacional para mellorar a súa formación e posibilitar a súa reincorporación ao Sistema Universitario de Galicia (SUG).

Diferéncianse dous tipos de axudas posdoutorais:

Modalidade A: Unha das accións que se propoñen para a consecución destes obxectivos consiste en ampliar a formación do persoal investigador doutor mediante o financiamento, de común acordo coas tres universidades do SUG, dun contrato de estancia de 2 anos no estranxeiro e de un ano nunha universidade do SUG, ó retorno de dita estadía.

Panel de Avaliadores externos 2018

Panel de Avaliadores externos 2019

Panel Avaliación Extraordinaria 2019

 

Modalidade B: Con esta acción facilítase o acceso a un contrato de un ano a investigadores e investigadoras col obxecto de dar continuidade á formación do persoal investigador que obtivo unha praza nunha universidade do SUG no programa Ángeles Alvariño do Plan Incite (convocatorias del 2007 o 2009) permanecendo nel ata o seu remate e completando o seu período de estadía de 24 meses de acordo coa súa respectiva orde de convocatoria.

A avaliación das solicitudes realizarase para cada rama de coñecemento e área temática sinalada nas mesmas, de acordo coas valoracións realizadas por un equipo de avaliadores que estará formado por expertos de fóra do SUG, coa colaboración da ACSUG. Os resultados desta avaliación serán tidos en conta pola comisión de selección determinada na convocatoria, a cal elevará a proposta de resolución á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que resolverá estas axudas.

Panel de Avaliadores externos 2018

Panel de Avaliadores externos 2019

Panel Avaliación Extraordinaria 2019

Panel Avaliación Extraordinaria 2020