• Relacións e intercambio de información con outras axencias de calidade e organismos relacionados co ámbito universitario

ENQA

A Asociación Europea para a Garantía da Calidade da Educación Superior (ENQA) , é un organismo do que forman parte axencias de calidade de educación superior de Europa.

Para formar parte de ENQA hai que cumprir cos “Criterios e Directrices para a Garantía da Calidade no Espazo Europeo de Educación Superior”, que establecen unha serie de aspectos a ter en conta polas axencias e que indican no caso do seu cumprimento un compromiso coa calidade, transparencia, independencia, criterios éticos e realización adecuada dos servizos e actividades. ACSUG é membro de ENQA desde o ano 2009.