Os acordos da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) esgotan a vía administrativa polo que, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/92, poderán ser recorridos en reposición ante o mesmo órgano que os dictou ou ser impugnados directamente perante a xurisdicción contencioso-administrativa, de conformidade co disposto na Lei 29/98, do 13 de xullo.
As interesadas ou interesados que desexen interpoñer un recurso de reposición, contra a resolución dictada pola CGIACA, poderán facelo no prazo dun mes, dende a súa notificación, para o que se pon a súa disposición o correspondente formulario . Estes recursos poderán presentarse a través dos medios indicados polo artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.