• Relacións e intercambio de información con outras axencias de calidade e organismos relacionados co ámbito universitario

ECA

O Consorcio Europeo de Acreditación en Educación Superior (ECA) foi creado no ano 2003, coa finalidade fundamental de establecer un recoñecemento mutuo dos procesos de acreditación realizados polas axencias de calidade membros da organización. ECA posibilita tamén unha oportunidade de aprendizaxe mutuo e intercambio de boas prácticas en temas de educación superior.

Os representantes das axencias membros de ECA poden participar nas actividades e reunións dos grupos de traballo establecidos sobre varias temáticas: recoñecemento mutuo e programas conxuntos, innovación no aseguramento da calidade e acreditación ou estratexias na información. Os membros de ECA tamén poden participar en proxectos europeos coordinados pola asociación, así como noutros eventos, seminarios e conferencias organizados regularmente.

ACSUG é membro de ECA desde xuño de 2013, e, desde esa data, persoal da axencia está participando nas actividades comentadas anteriormente.

Ademais, un técnico de ACSUG formou parte do Consello de ECA entre 2016 e 2018 e desde o 2019 é membro do Comité de Finanzas.