• Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

Taxas por servizos administrativos de ACSUG

A Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2014 introduciu varias modificacións na Lei 6/2013, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. Entre as modificacións atópase a inclusión das seguintes taxas por servizos administrativos encadradas na alínea 54 do anexo 1:

54

Actuacións relacionadas coas avaliacións ou cos informes do profesorado universitario:

Importes

01

Avaliacións ou informes previos á contratación do profesorado universitario

 

 

- Polas figuras de Profesorado contratado doutor/Profesorado de universidade privada

54,20 €

     

54

Duplicados ou certificacións das resolucións das avaliacións ou informes do profesorado universitario xa notificadas aos interesados:

Importes

02

Duplicado das resolucións correspondentes ás avaliacións ou aos informes do profesorado universitario

8,55 €

03

Certificación das resolucións correspondentes ás avaliacións ou aos informes do profesorado universitario

3,53 €

CÓDIGOS PARA CUBRIR O IMPRESO DE AUTOLIQUIDACIÓN DE TAXAS E PREZOS

Consellería de:

Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Código: 07

Delegación de:

Servizos Centrais

Código: 13

Servizo de:

Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)

Código: 10

Denominación da taxa

Código

Avaliacións ou informes previos á contratación do profesorado universitario

305401

Duplicado das resolucións correspondentes ás avaliacións ou aos informes do profesorado universitario

305402

Certificación das resolucións correspondentes ás avaliacións ou aos informes do profesorado universitario

305403

TRAMITACIÓN DO PAGAMENTO DE TAXAS

Poderá realizar a xestión por vía telemática ou presencial.

Se desexa tramitar a taxa por vía telemática, deberá introducir os datos da taxa e efectuar o pagamento da mesma. Para isto dispón das modalidades de pagamento telemático (cargo en conta ou tarxeta) e pagamento presencial (mediante un impreso para presentar na entidade bancaria). Unha vez realizado o ingreso obterá o xustificante correspondente.

Se desexa tramitar a taxa de xeito presencial poderá obter un modelo en branco para cubrir ou ben introducir os datos da taxa e a aplicación lle proporcionará o modelo xa cuberto.