• Avaliación do deseño e certificación da implantación dos Sistemas de Garantía de Calidade

Información sobre o programa

O 17 de xullo foi aprobado na CGIACA o Procedemento de Acreditación Institucional de Centros de ACSUG. Este novo procedemento implica que os Centros que cumpran os requisitos establecidos na Resolución de 7 de marzo de 2018, poderán solicitar a acreditación institucional do Centro, o que suporá unha simplificación do procedemento de renovación dos títulos, xa que os centros que estean en disposición de obter esta acreditación institucional, renovarán a acreditación de todos os seus graos e másteres oficiais de xeito automático, sen necesidade de someterse ao procedemento convencional establecido no Real Decreto 1393/2007.