• Busca da excelencia a través de mecanismos externos de avaliación da súa actividade

Progresión de profesorado colaborador: protocolo e baremo

A letra b) do artigo 10 da Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, do 17 de setembro de 2009establece que a Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), de conformidade coas competencias que ten atribuídas a través da disposición final primeira do Decreto 270/2003, de 22 de maio, na súa redacción dada polo Decreto 326/2009, de 11 de xuño, así como no artigo 23.2º dos estatutos da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, aprobará os procedementos e protocolos que correspondan para a emisión dos informes e avaliacións, de acordo co establecido nos seus estatutos e demais normativa que resulte de aplicación.

Neste sentido, por parte da citada Comisión, aprobouse, mediante acordo de 2 de novembro de 2010, o correspondente protocolo de informe e avaliación previos á consolidación do profesorado colaborador.