• A ACSUG colabora activamente en diferentes procesos de avaliación de axudas á investigación

AXUDAS PARA PROXECTOS DE INVESTIGADORES EMERXENTES

O Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) establece que o financiamento da actividade investigadora no ámbito autonómico debe deixar atrás o modelo baseado no financiamento dos grupos por acumulación de pequenos proxectos de investigación, para pasar a un modelo no que os grupos reciben un financiamento estrutural baseada en principios de calidade e eficiencia.

Non obstante, faise una excepción para os investigadores menores de 41 anos que, procedentes de programas de formación de investigadores postdoutorais, están asentando os seus equipos de investigación e definindo liñas de investigación diferenciadas respecto aos seus grupos de orixe. Para estes investigadores existe una liña de apoio para os seus proxectos de investigación.

A selección dos beneficiarios das axudas realizase a partir da suma das valoracións feitas por un panel de avaliadores, formado por expertos de fora do Sistema Universitario de Galicia designados pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) que cubren os diferentes ámbitos temáticos da convocatoria e pola comisión de selección. O panel poderá asignar un máximo de 90 puntos a cada solicitude e a comisión de selección un máximo de 10 puntos. O proceso de avaliación realizase na sede de ACSUG.

A competencia para resolver estas axudas corresponde ao titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Panel de avaliadores (avaliación final 2018)

Panel de avaliadores (avaliación inicial 2021)

Panel de avaliadores (avaliación inicial 2022)