Participación do director da ACSUG no PRIMEIRO SEMINARIO PREPARATORIO DA TERCEIRA CUMBRE ACADÉMICA (Santo Domingo)

O Director de ACSUG asistiu ao PRIMEIRO SEMINARIO PREPARATORIO DA TERCEIRA CUMBRE ACADÉMICA que se celebrou en Santo Domingo, capital da República Dominicana, ao que foi invitado polo Ministerio de Educación Superior, Ciencia e Tecnoloxía para presentar un relatorio sobre “Acreditación na Educación Superior en América Latina e o Caribe e na Unión Europea”.
Na súa exposición tratou de explicar aos máis de 200 participantes o proceso e o camiño recorrido en Europa desde a Declaración de Bolonia, na avaliación e acreditación da Educación Superior, comparándoa co realizado en Latino América desde a Declaración de Río de 1999. A posibilidade de aproveitar sinerxías nun camiño que a percorrer conxuntamente e con obxectivos maioritariamente comúns foi a base do seu discurso.
Tras esta primeira exposición, o Director da ACSUG reuniuse coa Honorable Ministra de Educación Superior e os reitores, vicerreitores e demais persoal de gran parte das 52 universidades existentes no país. O obxectivo da xuntanza foi o de coordinar esforzos e axudas para poder chegar a acordos e convenios que permitan unha colaboración mutua en actividades de acreditación internacional dentro do marco europeo de acreditación, acción que ACSUG ven realizando noutros países latinoamericanos, como Perú ou México.