SORTEO DE MEMBROS DE COMISIÓNS DE SELECCIÓN DE PROFESORADO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

De conformidade co establecido no convenio de colaboración asinado o 29 de maio de 2009, entre a ASUG e a USC para a xestión da designación por sorteo de membros das comisións de selección de profesores dos corpos docentes universitarios da Universidade de Santiago de Compostela (USC) que non son propostos pola referida Universidade, anúnciase a celebración dos sorteos relativos aos procedementos de selección aos que se fai referencia a continuación:

CÓDIGO DO SORTEO

CORPO PRAZA

ÁREA DE COÑECEMENTO

55G-09

USC1506

Titular de Universidade

345

Filoloxía Inglesa

56G-09

USC1507

Titular de Universidade

345

Filoloxía Inglesa

A celebración dos sorteos terá lugar o 23 de decembro de 2009 ás 12:00 horas , no salón de actos da ACSUG, (CIFP “Compostela”, Rúa Lamas de Abade, s/n, 15702 - Santiago de Compostela).