Avaliación dos centros universitarios da Universidade de San Martín de Porres en Perú

A ACSUG e a Universidade de San Martín de Porres (USMP) de Perú asinaron en outubro de 2010 un convenio mediante o cal a ACSUG levará a cabo actividades de avaliación e certificación nesta universidade, incidindo desta forma no aseguramento da calidade da mesma.

O proceso de avaliación componse de varias fases:

  1. Proceso de autoavaliación a realizar polo centro universitario.
  2. Avaliación externa, levada a cabo por un comité de avaliadores designados por ACSUG e que inclúe unha visita aos centros.
  3. Elaboración por parte de ACSUG dun informe final co resultado da avaliación.

Realizouse xa a avaliación dos seguintes centros:

  • Ano 2011 (3 centros): Facultade de Obstetricia e Enfermería, Facultade de Odontoloxía e Instituto para a Calidade da Educación.
  • 1º semestre Ano 2012 (2 centros): Facultade de Medicina Humana e Escola Profesional de Psicoloxía.

Actualmente estase levando a cabo o proceso de avaliación de 4 centros máis:

  • Facultade de Enxeñería e Arquitectura
  • Facultade de Ciencias Administrativas e Recursos Humanos
  • Facultade de Ciencias Contables, Económicas e Financeiras
  • Facultade de Ciencias da Comunicación, Turismo e Psicoloxía

Os centros están elaborando os informes de autoavaliación e está previsto realizar a visita externa aos mesmos en outubro de 2012.