- Para este complemento a valoración vén condicionada polo tipo de cargo que se desempeñase.Os baremos de puntuacións publicaranse nas resolucións pertinentes. Os cargos que non se recollan nestas táboas de puntuación, serán estudiados pola CGIACA (Comisión Galega de Informes Avaliación, Certificación e Acreditación) que será quen decida outorgarlle ou non unha equivalencia, tendo en conta a súa relevancia.
- Para ter dereito a percibir este complemento será precisa a obtención dun mínimo de 0.5 tramos/puntos .
- A valoración obtida en cada convocatoria será consolidable e irase sumando baseándose en números enteiros/decimais obtidos por cargo ata alcanzar un máximo de 8 tramos/puntos .
- No caso de desempeño simultáneo de dous cargos de xestión, terase en conta o de maior rango, é dicir:
Exemplo :
Se unha persoa estivo a desempeñar dous cargos simultáneos:
- O primeiro como coordinador/a de COU dende o 1-1-2002 ata o 31-12-2005
- O segundo como director/a de Departamento dende o 1-1-2003 ata o 31-12-2004
- O cómputo de tramos farase tendo en conta este solapamento:
- O período que se lle computará como coordinador/a de COU será o comprendido entre o 1-1-2002 ata o 31-12-2002 e o 1-1-2005 ata o 31-12-2005.
- O período que está comprendido entre o 1-1-2003 ata o 31-12-2004 computarase como director/a de Departamento, pois este cargo é de maior rango que o de coordinador/a de COU.
* Poderanse volver solicitar estes complementos en cada convocatoria, sempre e cando se puidera achegar un novo cargo para o cómputo da valoración.