- Para solicitar o complemento as persoas interesadas deberán encher telematicamente a instancia e a relación de cargos desempeñados ata a data tope especificada na convocatoria, nos modelos dispoñibles na aplicación informática, á que se poderá acceder a través da páxina web www.acsug.es. Non se valorarán os méritos que non foran incorporados telematicamente.
- Unha vez cubertos os impresos telematicamente, deberá xerarse o anexo II, gardarse e presentarse nos lugares sinalados no apartado 4.
- Xunto co impreso sinalado no apartado anterior (anexo II) e sempre que non se tivera remitido telematicamente a través da plataforma informática da ACSUG, deberá presentarse a documentación que se relaciona a continuación:
- Copia do DNI ou documento equivalente, no caso de denegar expresamente á ACSUG a consulta dos seus datos no sistema de verificación de datos de identidade, de conformidade co disposto no Decreto 255/2008, do 23 de outubro (DOG do 13 de novembro).
- Documentación acreditativa dos cargos desempeñados:
- Cargos desempeñados nas Universidades pertencentes ao Sistema Universitario de Galicia: so no caso de denegar expresamente á ACSUG a súa consulta ás correspondentes universidades.
- Cargos desempeñados no resto de institucións: deberá aportarse a documentación xustificativa dos mesmos: certificado oficial emitido pola Secretaria Xeral da correspondente Universidade ou órgano equivalente, ou no seu caso, fotocopia dos Boletíns ou Diarios Oficiais nos que consten respectivamente o nomeamento e o cesamento.
- Outros documentos que a persoa solicitante considere relevantes.
- A presentación do anexo II, no seu caso, a documentación complementaria sinalada no apartado 3, farase na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios na sede electrónica, poderanse dirixir ao teléfono de información 012.