As persoas interesadas que desexen interpoñer un recurso potestativo de reposición contra a resolución ditada pola CGIACA poderán facelo no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación.
O recurso deberá presentarse por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 14.3, 16.5 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, así como no artigo 10.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.
Para a súa presentación poderá empregarse o modelo de recurso de reposición dispoñible na sede electrónica ou, alternativamente, un modelo xenérico, indicando en todo caso o número do expediente ao que se refire. Ao recurso poderá incorporarse a documentación que a persoa interesada considere oportuna.
