• Busca da excelencia a través de mecanismos externos de avaliación da súa actividade

Complemento á excelencia curricular: Características de valoración

Elementos da valoración

En cada convocatoria deste tipo de complemento debemos distinguir dous tipos de valoración:

•  Valoración básica : Componse dos quinquenios e sexenios que poida xustificar o solicitante, e outorgaráselle unha puntuación máxima de 9 tramos/puntos de carácter consolidable .

•  Valoración adicional: Componse daqueles méritos que o/a solicitante poida presentar para xustificar a súa traxectoria profesional no ámbito da docencia e da investigación, para o cal poderá achegar para cada un deles un total de 6 méritos. A puntuación máxima que se pode obter nesta valoración é de 2.5 tramos/puntos por cada ámbito. 

* Para a valoración dos méritos terase en conta "a súa calidade". En cada convocatoria, estipularase a correspondente relación de méritos e a súa puntuación.

* As persoas solicitantes que non cumpran os requisitos mínimos esixidos (2 quinquenios e 1 sexenio ) estipulados nas bases da convocatoria para a obtención destes complementos non entrarán no proceso valoración. Non obstante, poderán solicitalos novamente na seguinte convocatoria.

Valoración adicional

Ámbito

Méritos

Docencia

Max. 6 méritos

Investigación

Max. total de 6 méritos

Investigación: max. 4 méritos

Transferencia e divulgación do coñecemento: max. 4 méritos

A puntuación máxima que se poderá obter para estes complementos será o resultado da suma da valoración básica e adicional, é dicir, 14 tramos/puntos.  

Período de valoración 

  • Primeira solicitude 

    Valoraranse a totalidade dos quinquenios e sexenios que posúa o/a solicitante, así como os méritos adicionais seleccionados por este ou esta, e correspondentes ao período de cinco anos establecido na convocatoria. 

  • Sucesivas solicitudes

    Seguindo a normativa vixente, aos 5 anos de presentar a súa solicitude, o/a solicitante deberá someter a actividade docente e investigadora desenvolvida no devandito período a un novo proceso de avaliación.

    Excepcionalmente, poderá ser avaliada transcorridos 3 anos, sempre e cando se obtivesen novos quinquenios e/ou sexenios(puntuación básica). Isto implicará unha nova avaliación da súa traxectoria profesional nos últimos cinco anos (puntuación adicional).