- Para solicitar o complemento as persoas interesadas deberán cubrir telematicamente a instancia e a relación de méritos, nos modelos dispoñibles na aplicación informática (anexos III e IV), á que se poderá acceder a través da páxina web www.acsug.es. Non se valorarán os méritos que non foran incorporados telematicamente.
- Unha vez cubertos os impresos (anexos III e IV) telematicamente, deberán gardarse e presentarse nos lugares sinalados no apartado 4, debidamente asinados.
- Xunto cos impresos sinalados no apartado anterior (anexos III e IV) e sempre que estes non fosen remitidos telematicamente a través da plataforma informática, deberá presentarse a documentación que se relaciona a continuación:
- Copia do DNI ou documento equivalente, so no caso de denegar expresamente á ACSUG a súa consulta no sistema de verificación de datos de identidade de conformidade co disposto no Decreto 255/2008, do 23 de outubro (DOG do 13 de novembro).
- Documentación acreditativa dos citados méritos curriculares presentados. As certificacións relativas aos quinquenios e aos sexenios, só terán que presentarse no caso de denegar expresamente á ACSUG a súa consulta.
- Documentación acreditativa, no seu caso, do desfrute de permiso por baixa maternal no período que se avalía.
- Curriculum vitae completo actualizado en calquera dos formatos existentes (ANEP, Dirección Xeral I+ D, etc.).
- Outros documentos que a persoa solicitante considere relevantes.
- A presentación dos anexos III e IV e, no seu caso, a documentación complementaria sinalada no apartado 3, farase na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios na sede electrónica, poderanse dirixir ao teléfono de información 012.