A súa contía ven regulada pola Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia de cada ano e, tendo en conta o disposto no artigo 5º do Decreto 55/2004, a percepción dos complementos estará supeditada "ao límite consignado para este fin nos presupostos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e á previsión orzamentaria de cada universidade".
Débese ter en conta que o pagamento se establece por tramos, e cada tramo equivale a un punto. As valoracións para os efectos de pagamento compútanse por números enteiros. Non obstante, os valores iguais ou superiores a 0,75 serán considerados como un punto.
PUNTUACIÓN REAL OBTIDA | PUNTUACIÓN SÓ PARA EFECTOS DE PAGAMENTO |
Exemplo: Se se obtén unha puntuación de 4.5 tramos (valoración básica + valoración adicional) |
Exemplo: A puntuación que se terá en conta para os efectos de pagamento será de 4 tramos |
Exemplo: Se se obtén unha puntuación de 4.75 tramos (valoración básica + valoración adicional) |
Exemplo: A puntuación que se terá en conta para os efectos de pagamento será de 5 tramos |
* Para os efectos de consolidación dos tramos a puntuación que se terá en conta será a obtida só na valoración básica .
Casos especiais
- Maternidade e paternidade: con carácter excepcional os/as solicitantes que durante o período que se ten en conta na avaliación, gozarán de permisos de baixa maternal ou paternal, poderán incorporar méritos realizados nun intervalo temporal idéntico ao da baixa. Ese intervalo temporal sempre terá que ser inmediatamente anterior ao período de avaliación.
Exemplo: Se o período de avaliación estipulado na convocatoria é do 1 de xaneiro do 2002 ao 31 de decembro do 2006, e o/a solicitante estivo de baixa maternal ou paternal durante 3 meses no 2003, considerarase o seu período de avaliación dende o 1 de outubro do 2001 ata o 31 de decembro do 2006. * É imprescindible acreditar debidamente a realización desta baixa no momento da solicitude
- Servizos especiais: se o persoal docente e investigador que, cumprindo todos os requisitos para a obtención deste complemento, se atopar en situación de servizos especiais, poderá presentar igualmente a súa solicitude para a avaliación, mais os efectos económicos resultantes desta iniciásense cando se incorpore ao seu posto de traballo.
Dentro o ámbito da investigación, diferéncianse dúas epígrafes: a da investigación e a da transferencia e divulgación do coñecemento. A presentación dos méritos neste ámbito está condicionada a estas dúas epígrafes sen que se poidan presentar máis de catro méritos en cada unha delas.
Para ver a listaxe de méritos e a puntuación especifica para cada un deles (tanto da actividade docente como da investigadora) consultarase a ligazón da resolución vixente.