• Busca da excelencia a través de mecanismos externos de avaliación da súa actividade

Progresión de profesorado colaborador

A Lei orgánica 4/2007, deixou sen contido o artigo da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, que regulaba a figura do profesor colaborador, quedando esta como unha figura a extinguir. A disposición adicional terceira da citada Lei orgánica 4/2007, que os aqueles que no momento da súa entrada en vigor desta lei estivesen contratados como profesorado colaborador consonte a antiga Lei orgánica 6/2001, poderán continuar no desempeño das súas funcións docentes e investigadoras.

O artigo 6.2 do Decreto 266/2002, do 6 de setembro, de contratación do profesorado universitario (DOG 15-11-02) establece que " Os profesores colaboradores serán inicialmente contratados polas universidades por un período máximo de catro anos, podendo prorrogarse os seus contratos por outros catro anos máis, tralo informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación, nos termos previstos nas súas respectivas disposicións reguladoras ou calquera outro órgano de avaliación que leis doutras comunidades autónomas determinen, sempre que exista previo convenio ou concerto coa Comunidade Autónoma galega. Os contratos dos profesores colaboradores adquirirán carácter fixo, logo da avaliación positiva dos dous períodos da súa actividade ó que se refire o parágrafo anterior, por parte da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación, nos termos previstos nas súas respectivas disposicións reguladoras ou calquera outro órgano de avaliación que leis doutras comunidades autónomas determinen, sempre que exista previo convenio ou concerto coa Comunidade Autónoma galega."

A Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, do 17 de setembro de 2009, establece o procedemento a seguir pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) para a emisión do informe previo á prorroga dos contratos das profesoras e profesores colaboradores das universidades públicas de Galicia, así como para a emisión da avaliación previa á adquisición do carácter indefinido dos referidos contratos, de conformidade co establecido no artigo 6 do Decreto 266/2002, de 6 de setembro, de contratación de profesorado universitario, e nos artigos 9 e 10 do Decreto 270/2003, de 22 de maio, regulador da ACSUG.