Formalización das solicitudes e curriculum vitae
De conformidade coa normativa a ACSUG realizará unha convocatoria anual de Avaliación previa á contratación como profesorado contratado doutor e de universidade privada.
Unha vez aberta a convocatoria, e durante o prazo establecido por esta, as solicitudes e o curriculum vitae cubriranse en formato dixital nunha plataforma informática á que se poderá acceder a través deste enlace.
Unha vez cubertos dixitalmente a solicitude e o curriculum vitae en formato dixital, presentaranse do xeito que se indique nas respectivas convocatorias.
Xustificación dos méritos curriculares
A documentación xustificativa dos méritos curriculares presentarase electrónicamente. A orde de presentación da mesma deberá coincidir coas epígrafes do curriculum vitae. Achegaranse as copias desta documentación dixitalizada, do xeito que se indique nas respectivas convocatorias. Non se admitirá a xustificación dos méritos curriculares presentados en papel.
Os xustificantes achegados deberán acreditar axeitadamente a realización dos méritos curriculares alegados. Sen prexuízo do anterior, á ACSUG poderá establecer nas correspondentes convocatorias, que determinados méritos se xustifiquen dun xeito específico.
A ACSUG poderá solicitar ao interesado os orixinais ou copias compulsadas desta documentación en calquera momento previo á resolución das solicitudes. Tendo en conta que os solicitantes asinan unha declaración respecto da veracidade dos datos que fai constar na instancia e no Curriculum Vitae, así como de toda a documentación xustificativa que xunta á solicitude, aqueles asumirán as responsabilidades que se puidesen derivar das inexactitudes que consten nestes documentos.
Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes establecido pola correspondente convocatoria, non se admitirá ningunha documentación xustificativa dos méritos curriculares. A ACSUG non realizará ningún tipo de requirimento respecto da documentación xustificativa dos méritos curriculares. As avaliacións faranse con base nos xustificantes dos méritos que fosen achegados polos interesado ata aquel momento.