• Busca da excelencia a través de mecanismos externos de avaliación da súa actividade

Acreditación de profesorado: recursos

Os acordos da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) esgotan a vía administrativa polo que, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/92 do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común poderán ser recorridos en reposición ante o mesmo órgano que os ditou ou ser impugnados directamente perante a xurisdicción contencioso-administrativa, de conformidade co disposto na Lei 29/98, do 13 de xullo.

As persoas que desexen interpoñer un recurso de reposición, poderán facelo no prazo dun mes dende a súa notificación, para o que deberán empregar a mesma plataforma informática na que se cumprimentou a solicitude. Este recurso, unha vez cuberto telematicamente, deberá imprimirse, asinarse debidamente e presentarse en calquera dos rexistros indicados no artigo 38.4 da Lei 30/92.