As axencias autonómicas de avaliación da calidade universitaria e ANECA organizaron o 25 de febreiro unha xornada de difusión de boas prácticas de avaliación da calidade docente no marco do Programa DOCENTIA. A xornada tivo lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais da Universidade Politécnica de Madrid e asistieron de maneira presencial máis de 140 persoas e, en streaming, houbo picos de máis de 70 persoas conectadas.
O obxectivo da xornada, coa participación de universidades e axentes do sistema universitario, foi acercar ás institucións de educación superior ás últimas novedades do programa DOCENTIA, cuxa documentación foi actualizada en 2025. Varias universidades tamén compartiron exemplos de experiencias positivas implementadas a través deste Programa.






