Actualidade

Estudos de Inserción Laboral dos graduados do SUG 2014-2015

25/02/2021

ACSUG ten entre as súas funcións a realización dos estudos e análises sobre a inserción laboral das persoas tituladas universitarias do SUG. A finalidade destes estudos é servir de apoio ás institucións universitarias, aportando resultados que, pola súa natureza, contribúen ao deseño de estratexias para a revisión e mellora da calidade da oferta universitaria. Neste contexto, durante as próximas semanas ACSUG levará a cabo o traballo de campo para realizar o estudo das persoas egresadas no curso 2014-2015. Este traballo implica a realización de aproximadamente 5700 enquisas telefónicas entre os titulados e tituladas no devandito curso académico. Para este estudo en concreto, o traballo de campo é realizado a través da empresa externa COTESA (http://cotesa.grupotecopy.es/). Os datos de contacto empregados para realizar as enquisas forman parte da base de datos que as tres universidades do SUG proporcionan a ACSUG no marco dun convenio de colaboración para realizar os estudos de inserción laboral. A protección de datos de carácter persoal garántese durante todo o proceso.

Pode obter máis información sobre os estudos de inserción laboral levados a cabo por ACSUG no seguinte enlace: http://acsug.es/gl/insercion

Convocatoria ordinaria 2020 para os complementos de recoñecemento polos cargos de xestión

15/02/2021

Pubícase hoxe, 15 de febreiro do 2021, a Resolución do 4 de febreiro do 2021 (DOG de 15-02-2021) pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento polos cargos de xestión e se abre o prazo de presentación de solicitudes correspondentes á convocatoria do 2020 (código de procedemento administrativo ED701C).

O prazo de presentación de solicitudes será dende o día 16 de febreiro ata o día 15 de marzo incluido.

A aplicación para cubrir a solicitude e anexos estará ABERTA DESDE o 16 de febreiro.

ATENCIÓN!

Dacordo co establecido na convocatoria, deberá cubrir telemáticamente a solicitude (anexo II) no modelo dispoñible a través da aplicación informática da ACSUG. Conforme ao disposto nol artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, a presentación das solicitudes (PDF xenerado previamente na aplicación da ACSUG) deberá realizarse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal/portada.

CODIGO DO PROCEDEMENTO: ED701C

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios na sede electrónica, poderanse dirixir ao teléfono de información 012 ou ao correo electrónico 012@xunta.gal.

Convocatoria ordinaria 2020 para os complementos de recoñecemento á labor docente e á labor investigadora

15/02/2021

Publícase hoxe, 15 de febreiro de 2021, a Resolución de 4 de febreiro de 2021 (DOG de 15-02- 2021) pola que se aproba a convocatoria ordinaria para a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento ao labor docente, e ao complemento de recoñecemento ao labor investigador e se abre o prazo para a presentación de solicitudes correspondentes á convocatoria do 2020 (código de procedemento administrativo ED701B).

O prazo de presentación de solicitudes será dende o día 16 de febreiro ata o día 15 de marzo incluido.

A aplicación para cubrir a solicitude e anexos estará ABERTA DESDE o 16 de febreiro.

ATENCIÓN!

Dacordo co establecido na convocatoria, deberá cubrir telemáticamente a solicitude (anexo I ) e as memorias de autoevaluación (anexos II.A e II.B ) nos modelos dispoñibles a través da aplicación informática da ACSUG. Conforme ao disposto nol artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, a presentación das solicitudes (PDF xerado previamente na aplicación da ACSUG) deberá realizarse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal/portada.

CODIGO DO PROCEDEMENTO: ED701B

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios na sede electrónica, poderanse dirixir ao teléfono de información 012 ou ao correo electrónico 012@xunta.gal.

ACSUG participa na reunión telemática do Comité de Finanzas de ECA

11/02/2021

O 22 de xaneiro de 2021 levouse a cabo por videoconferencia unha xuntanza do Comité de Finanzas de ECA. ACSUG estivo representada por Luis Velón, un dos seus técnicos, que ademáis forma parte do Comité desde 2019.

Xuntanzas coas Escolas de Doutoramento das tres universidades do SUG

08/02/2021

ACSUG realizou, entre os meses de novembro de 2020 e febreiro de 2021, reunións coas Escolas de Doutoramento das tres universidades do SUG co obxectivo de que os responsables das mesmas explicaran, tanto á ACSUG, como aos membros das Comisións de avaliación dos programas de doutoramento, a estrutura e o funcionamento das ditas escolas.

Nas reunións tratáronse, entre outros temas, aspectos transversais que afectan a todos os programas de doutoramento de cada universidade, tanto propios como interuniversitarios. Outro obxectivo destas reunións era evitar a repetición da audiencia coas persoas responsables das Escolas de Doutoramento en cada unha das visitas de acreditación, que se van desenvolver de xeito virtual no curso 2020-2021, e poder así axustar mellor as axendas.

As reunións celebráronse nas seguintes datas:

25.11.2020: Reunión coa EDIUS (Escola de Doutoramento Internacional da Universidade de Santiago de Compostela)

12.01.2021: Reunión coa EIDO (Escola Internacional de Doutoramento da Universidade de Vigo)

01.02.2021: Reunión coa EIDUDC (Escola Internacional de Doutoramento da Universidade da Coruña)

Xornada de formación para avaliadores de títulos

08/02/2021

O 22 de decembro de 2020 celebrouse unha Xornada de Formación para as Comisións de Avaliación que participan nos procesos de verificación, modificación, seguimento e acreditación de títulos oficias do Sistema Universitario de Galicia. A xornada desenvolveuse de forma virtual e nela participaron un total de 21 avaliadores entre vogais académicos, profesionais e estudantes.

Fotografías de la jornada

Programa da xornada

Avaliación da actividade investigadora do profesorado interino e contratado non permanente da Universidade de Oviedo

20/01/2021

A ACSUG ven realizando anualmente a avaliación da actividade investigadora do profesorado interino e contratado non permanente da Universidade de Oviedo como requisito previo á concesión dun complemento retributivo por esta universidade, baseado na concesión de tramos de investigación.

O pasado venres, día 15, reuniuse a comisión de avaliación (algúns membros en persoa na sede de ACSUG e outros por videoconferencia), que este ano estaba composta por 24 avaliadores, entre catedráticos e profesores titulares das tres universidades galegas. Con carácter previo realizouse unha una avaliación por pares nomeados segundo a área de coñecemento de cada un dos candidatos, estes pares emitiron una puntuación e un informe de cada solicitude, cos cales traballou a comisión de forma conxunta, resolvendo la concesión de 56 tramos a un total de 46 profesores interinos y contratados non permanentes de dita universidade.

Xuntanza do Consello Asesor de ACSUG

20/01/2021

O Consello Asesor é o principal órgano consultivo de ACSUG e reúnese, como mínimo, cunha periodicidade anual para analizar as actividades da axencia e propoñer accións e cambios que incidan na mellora continua.

Debido á situación motivada polo COVID-19, o 23 de decembro de 2020 celebrouse, de forma telemática, unha xuntanza do órgano, na que se deu conta, por parte do director de ACSUG, das actividades desenvolvidas ao longo do ano nas especiais circunstancias en que tivo actuar a Axencia debido á pandemia e presentouse un borrador de texto do código ético de aplicación en todas as actividades de ACSUG para a súa análise e posible mellora.

Fotografía

ACSUG participou en varias reunións internacionais en decembro de 2020

14/01/2021

ACSUG participou en decembro de 2020, coa representación do coordinador de actividades internacionais, nos seguintes eventos organizados de maneira online:

  1. 17/12/20. Final dissemination event ImpEA project. Este evento foi a conferencia final do proxecto ImpEA, que incidiu nos últimos tres anos na aplicación do European Approach for Quality Assurance of Joint Programmes.

  2. 18/12/20: ECA Online General Assembly. Esta reunión serviu para facer un resumo das actividades do 2020 do Consorcio Europeo de Acreditación (ECA), do que ACSUG forma parte, así como para planificar as futuras actividades a levar a cabo.