Ao longo do pasado mes de xullo a ACSUG desenvolveu distintas actividades orientadas á mellora continua dos seus procedementos de avaliación de títulos (seguimento e renovación de acreditación) e de centros (sistema de garantía de calidade).
Inicialmente, coa finalidade de obter información dos distintos grupos de interese (coordinadores e responsables de títulos e avaliadores externos), leváronse a cabo os procesos de medición da satisfacción relacionados coa convocatoria 2015/2016 onde se valoraron, entre outros parámetros, aspectos relacionados coa documentación, organización e desenvolvemento dos distintos procesos de avaliación.
Posteriormente, celebráronse dúas xuntanzas na sede da ACSUG para analizar e reflexionar sobre toda a información dispoñible do proceso, detectar debilidades e propoñer melloras nos distintos procesos de avaliación.
Entre outros temas, traballouse en aspectos relacionados coa presentación da documentación dos títulos, guías, plantillas e prazos de avaliación, organización e desenvolvemento das visitas na renovación de acreditación de títulos, etc. Tamén se realizou unha primeira planificación da próxima convocatoria de avaliación, 2016/2017.
Xuntanza realizada cunha mostra representativa de avaliadores de cada unha das comisións de rama de coñecemento da ACSUG (14.07.2016)