Arquivo de novas

Auditoría externa de protección de datos

18/11/2008

Levouse a cabo na ACSUG unha auditoría externa por parte dun organismo autorizado, relativa ao cumprimento da normativa vixente en protección de datos. O resultado da mesma conclúe que a ACSUG realiza unha xestión adecuada e ten implantadas todas as medidas necesarias relativas á seguridade e protección de datos.

Cada dous anos se realizará unha auditoría para comprobar de manera periódica a adecuación das medidas e métodos de traballo implantados na ACSUG relativos a este tema.

2ª Convocatoria ordinaria 2008 para os complementos de recoñecemento ao labor docente e investigador.

03/09/2008

A través da Resolución do 27 de agosto do 2008 (DOG do 3 de setembro do 2008) , apróbase a convocatoria ordinaria para a valoración previa á asignación das retribucións adicionais, relativas ao complemento de recoñecemento ao labor docente e ao labor investigador e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.

Requisitos imprescindibles para estos complementos

Acceso á aplicación para encher a solicitude e os demais anexos.

Importante:

  1. Tendo en conta o carácter individual e consolidable dos complementos, os PROFESORES AOS QUE XA SE LLES CONCEDERA EN ANTERIORES CONVOCATORIAS A VALORACIÓN POSITIVA POR PARTE DA ACSUG, NON TERÁN QUE VOLVER A SOLICITALA.
  2. O prazo para a presentación das instancias remata o día 3 de outubro de 2008.

Informes definitivos 1ª fase- convocatoria programa FIDES- AUDIT

24/07/2008

A ACSUG remite ás universidades os informes cos resultados definitivos da Fase I da primeira convocatoria do programa FIDES-AUDIT de evaluación do deseño dos SGIC dos centros.

Convocatoria ordinaria 2008 para os complementos de recoñecemento á excelencia curricular

20/06/2008

Con data de 19 de xuño publícase a Resolución do 9 de xuño, pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.

Non obstante, publicouse unha corrección de erros onde se modifica o prazo de presentación de instancias e en lugar de ser 30 días naturais pasan a ser 40 días; polo tanto, o prazo definitivo pecharase o día 29 de xullo.

Enquisas web de avaliación dos programas oficiais de posgrao 2008

19/06/2008

Está dispoñible o enlace para cubrir as enquisas de avaliación dos POP correspondentes o segundo cuadrimestre.

O acceso á aplicación farase a través do banner situado á dereita da páxina da ACSUG, chamado "Enquisas POP/Master" ou a través do seguinte vínculo: https://aplicaciones.acsug.es/enquisas.html

Os colectivos aos que van dirixidas as enquisas son:

  1. Estudantes
  2. Profesorado

Estan elaboradas en base aos seguintes criterios:

  1. Escala de valoración que vai de 1 ao 7, tendo en conta que o 1 significa que está “totalmente en desacordo” co expresado no enunciado e o 7 indica que esta “Totalmente de acordo”.
  2. Cada usuario cubrirá unha enquisa xeral e outra por cada materia que reciba ou que imparta.
  3. As enquisas dirixidas aos estudantes son de catro tipos. Tres constitúen as enquisas xerais: planificación e desenvolvemento do ensino, servizos de apoio ao estudante e recursos de apoio ao ensino e cubriranse unha por cada título. A cuarta, é específica (actividade docente do profesorado) de cada materia tendo que cubrirse unha por cada profesor/a e materia na que o alumno esté matriculado.
  4. As enquisas dirixidas ao profesorado son de catro tipos. Tres constitúen as enquisas xerais: planificación e desenvolvemento do ensino, servizos de apoio ao estudante e recursos de apoio ao ensino e cubriranse unha por cada título. A cuarta é especifica do grupo de estudantes e cubrirase unha por cada grupo de estudantes ao que o profesor/a imparta clase.
Cartel jpg
Tríptico jpg ( página 1)
  jpg ( página 2)

Programa FIDES-AUDIT. 1º Convocatoria de avaliación do deseño dos SGIC

15/05/2008

Os centros que participan na II Fase desta 1º convocatoria de avaliación do deseño dos SGIC contarán ata o 15 de maio para a presentación da documentación.

Convocatoria pública de catro bolsas de formación sobre o proceso de implantación do programa FIDES- AUDIT

15/05/2008

Aplicación de acreditación de profesorado

12/05/2008

Xa é posible acceder á aplicación de acreditación de profesorado, para modificar ou introducir os datos do curriculum vitae, correspondente á convocatoria que se abrirá a finais de maio/principios de xuño de 2008

Convocatoria de avaliación para a contratación 2008

08/05/2008

A través da Resolución do 19 de maio de 2008 (DOG do 27 de maio de 2008), apróbase a convocatoria ordinaria para a avaliación para a contratación como profesor universitario polas universidades integrantes do sistema universitario de Galicia e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 7 de xullo de 2008.

Formalización das solicitudes e o curriculum vitae.

As solicitudes e o curriculum vitae cubriranse en formato dixital, aos que se poderá acceder a través deste enlace.

Unha vez cubertos estes documentos en formato dixital, imprimiranse e presentaranse do xeito que se indique nas correspondentes convocatorias.

Xustificación dos méritos curriculares.

A documentación xustificativa dos méritos curriculares presentarase en soporte dixital (DVD, CD-ROM). A orde de presentación da mesma deberá coincidir coas epígrafes do curriculum vitae. Achegaranse dúas copias desta documentación dixitalizada, con independencia do número de figuras contractuais para as que se solicite a avaliación.

A ACSUG poderá solicitar ao interesado os orixinais ou copias compulsadas desta documentación en calquera momento previo á resolución das solicitudes. Tendo en conta que os solicitantes asinan unha declaración respecto da veracidade dos datos que fai constar na instancia e no Curriculum Vitae, así como de toda a documentación xustificativa que xunta á solicitude, aqueles asumirán as responsabilidades que se puidesen derivar das inexactitudes que consten nestes documentos.

Os xustificantes achegados deberán acreditar axeitadamente a realización dos méritos curriculares alegados. Sen prexuízo do anterior, á ACSUG poderá establecer nas correspondentes convocatorias, que determinados méritos se xustifiquen dun xeito específico.

Avaliación ou informe para a progresión e consolidación dos profesores colaboradores

06/05/2008

Publícase o 5 de maio de 2008 a Orde do 22 de abril, pola que se regula o procedemento de avaliación ou informe para a progresión e consolidación dos profesores colaboradores do Sistema Universitario de Galicia, e pola que se poden presentar ante a ACSUG as correspondentes solicitudes

Convocatoria ordinaria 2008 para os complementos de recoñecemento polos cargos de xestión

28/04/2008

Publícase hoxe 28 de abril a Resolucion do 11 de abril, pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento polos cargos de xestión e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.

O prazo para a presentación das solicitudes remata o día 28 de maio de 2008 .

Os tramos correspondentes a postos admitidos e valorados son CONSOLIDABLES.

Avaliación das propostas de títulos oficiais de posgrao (3ª convocatoria)

18/01/2008

Con data 21 de Xaneiro de 2008 reúnense os comités de avaliación externa dos programas oficiais de posgrao

Programa FIDES-AUDIT: 1ª convocatoria de avaliación do deseño dos SGIC

18/01/2008

Os centros que participan nesta 1ª convocatoria de avaliación contarán con dúas posibles datas de entrega da documentación e consecuente avaliación. A primeira delas será ata o 15 de febreiro e a seguinte ata o 15 de maio.