Aviso legal

A finalidade do presente aviso legal é establecer os principios e as condicións de acceso e de uso por parte dos usuarios ao sitio web e aos contidos da ACSUG.

1. DATOS IDENTIFICATIVOS
2. ACCESO E USO DO SITIO WEB, DOS SEUS SERVIZOS E DOS SEUS CONTIDOS
3. PROPIEDADE INTELECTUAL DOS CONTIDOS
4. PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
5. LIMITACIÓN DE RESPONSABILIDADES
6. XURISDICIÓN E LEIS APLICABLES

1. DATOS IDENTIFICATIVOS

En cumprimento da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico, os datos de información xeral deste sitio web son:

Titular: Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)

Enderezo: Rúa Lamas de Abade s/n Edificio CIFP Compostela 5ª planta. 15702 Santiago de Compostela , A Coruña

Contacto : Correo electrónico: acsug@acsug.es

Teléfono: 981-534173

Fax: 981-534174

Páxina web: www.acsug.com

A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) créase mediante a Resolución do 12 de marzo de 2001, publicada no DOG do 5 de abril de 2001. A ACSUG ten personalidade xurídica propia e establécese como un consorcio entre a Xunta de Galicia e as tres universidades do Sistema Universitario de Galicia.

2. ACCESO E USO DO SITIO WEB , DOS SEUS SERVIZOS E DOS SEUS CONTIDOS

A ACSUG pon a disposición dos usuarios os contidos e os servizos que se localizan no seu sitio web, de acordo coas presentes condicións de acceso e de uso. Estas condicións poderán ser actualizadas periodicamente sen previo aviso, sempre que a ACSUG o considere oportuno e poderán ser consultadas polos usuarios en todo momento.

Os contidos facilitados na web da ACSUG son xestionados e elaborados pola ACSUG, con excepción da información que proceder de fontes externas ao propio sitio web, sobre as cales se fará constar a súa procedencia ou calquera outra información relativa á súa orixe.

Nestes casos, a ACSUG non se fai responsable da inexactitude ou da falta de actualización da información das devanditas fontes externas, dado que a súa responsabilidade se establece unicamente en relación con aqueles contidos que proveñen de fontes propias e debidamente identificadas co seu copyright .

O usuario comprométese a utilizar os servizos e a información facilitada pola ACSUG e a respectar os principios de uso xeralmente aceptados, a boa fe e sen contravir a orde pública nin a lexislación vixente.

Así mesmo, prohíbese ao usuario calquera uso dos contidos con fins delituosos ou ilícitos ou que de calquera forma prexudique o normal funcionamento da web ou de terceiros, de maneira directa ou indirecta, sexa cal for o resultado.

O usuario non poderá reproducir, distribuír nin modificar ningún dos contidos da páxina web, a menos que conte coa autorización expresamente outorgada por parte da ACSUG. Por outra banda, calquera ligazón que se realice cos contidos da web, require a autorización da ACSUG e debe permitir a identificación da súa procedencia. A utilización da devandita información noutros sitios de internet require autorización expresa.

Faise constar que a versión xuridicamente válida das convocatorias e dos principais actos administrativos que se publiciten na páxina web é a publicada no Diario Oficial de Galicia ou, se for o caso, nos boletíns oficiais doutras administracións públicas.

3. PROPIEDADE INTELECTUAL DOS CONTIDOS

Os textos e os elementos gráficos que forman parte do sitio web da ACSUG son de titularidade da ACSUG e dos seus autores, e teñen a consideración de obras protexidas, segundo o que se establece nas disposicións do Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, por que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual, e son tamén aplicables os tratados internacionais subscritos nese campo.

Os usuarios poden levar a cabo a reprodución dos contidos do sitio web coa finalidade exclusiva de proceder ao seu almacenamento, á realización de copias de seguridade ou á impresión en papel para un uso estritamente privado.

Sempre e cando non se dispoña da autorización expresa e por escrito da ACSUG, quedan prohibidas as seguintes accións:

• a reprodución, a distribución e a presentación, total ou parcialmente, do contido da web da ACSUG ou dalgún dos seus elementos por redes telemáticas ou por soportes similares sen ser para un uso estritamente privado

• a inserción dunha imaxe presente na web da ACSUG nunha páxina que non for da ACSUG

• a utilización dunha páxina do sitio web nunha ventá que non pertenza á ACSUG

• a extracción e a utilización de información do sitio web que cause prexuízo á ACSUG vulnerando as disposicións da Lei de propiedade intelectual

A realización destas accións dará lugar ás actuacións legais pertinentes por parte da ACSUG.

Canto ás ligazóns de hipertexto (hipervínculos), a ACSUG deberá autorizar de forma expresa o seu establecemento noutros sitios web, sempre e cando as correspondentes páxinas aparezan nunha ventá completa e baixo os seus enderezos correspondentes.

Todos os signos distintivos, os logotipos e, polo xeral, os símbolos de calquera natureza que aparezan no sitio web da ACSUG e que fagan referencia a esta, son da súa propiedade e están protexidos pola vixente lexislación aplicable.

4. PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

A ACSUG garante a confidencialidade dos datos de carácter persoal facilitados polos usuarios e o seu tratamento de acordo coa lexislación vixente sobre protección de datos de carácter persoal (Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e Real decreto 994/1999, do 11 de xuño, polo cal se aproba o regulamento de medidas de seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal), así como toda a normativa restante que se puider aplicar.

Os datos persoais subministrados mediante os formularios que se sitúan no sitio web da ACSUG serán incorporados aos seus ficheiros en función da finalidade expresada neles.

O usuario consente o tratamento dos mencionados datos persoais por parte da ACSUG nos termos da actual política de tratamento de datos de carácter persoal.

A ACSUG adoptou os niveis de seguridade de protección dos datos persoais legalmente requiridos e instalou todos os medios e as medidas técnicas ao seu alcance para evitar a perda, o mal uso, a alteración, o acceso non autorizado e o roubo dos datos persoais facilitados. A pesar diso, os usuarios teñen que ser conscientes de que as medidas de seguridade en internet non son inexpugnables.

Os datos persoais solicitados aos usuarios unicamente serán aqueles que impliquen unha identificación de carácter xeral e que sexan estritamente necesarios para a prestación dos servizos. Estes datos serán obxecto de tratamento e serán incorporados aos respectivos ficheiros da ACSUG, que proporcionará aos usuarios os recursos técnicos adecuados para que, con carácter previo á entrega dos datos persoais, poidan acceder a este aviso sobre a política de tratamento de datos de carácter persoal ou a calquera outra información relevante, e para que poidan prestar o seu consentimento co fin de que a ACSUG proceda ao tratamento dos datos persoais dos usuarios. Agás nos campos onde se indique o contrario, as respostas ás preguntas sobre os datos persoais teñen carácter voluntario.

A ACSUG informará expresamente os usuarios sobre a cesión dos seus datos de carácter persoal a terceiros e indicará a identidade dos cesionarios e a finalidade da cesión dos datos de carácter persoal. Así, no momento do rexistro por parte dos usuarios a calquera dos servizos do sitio web que xestiona a ACSUG, solicitarase o consentimento ao usuario para ceder os seus datos de carácter persoal á ACSUG. Por tanto, a ACSUG non cederá os datos persoais dos usuarios que se recollan a través do sitio web sen o consentimento expreso do usuario.

Non obstante, para calquera aclaración ao respecto, os usuarios poderanse pór en contacto coa ACSUG mediante unha comunicación ao enderezo de correo electrónico acsug@acsug.es , mediante un correo postal dirixido a ACSUG, Rúa Lamas de Abade s/n Edificio CIFP Compostela 5ª planta. 15702 Santiago de Compostela , ou ben por medio doutras formas admitidas en dereito.

Os usuarios consenten que se utilice a información sobre os seus datos persoais cando así sexa requirido polas autoridades administrativas competentes ou por mandato xudicial.

A recollida e o tratamento dos datos persoais, como consecuencia da navegación polas páxinas do sitio web, da consulta ou da solicitude de calquera dos servizos ofrecidos pola ACSUG, ten como finalidade, ademais de proporcionar aos usuarios unha experiencia personalizada na rede da web da ACSUG, a xestión, a administración, a prestación, a ampliación e a mellora dos servizos a que os usuarios se decidan subscribir, darse de alta ou utilizar, e a adecuación dos mencionados servizos ás necesidades dos usuarios.

A recollida e o tratamento dos datos persoais tamén ten como finalidade o estudo cuantitativo e cualitativo das visitas e da utilización dos servizos por parte dos usuarios, o deseño de novos servizos relacionados cos servizos propios da ACSUG e as súas actualizacións, e a remisión por medios tradicionais ou electrónicos da información dos servizos ofrecidos pola ACSUG.

Baixo ningunha circunstancia a ACSUG utilizará os datos persoais dos usuarios para finalidades diferentes das anteriormente mencionadas, agás despois dunha advertencia axeitadamente expresada no sitio web.

Os usuarios teñen recoñecidos e poderán exercer os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento, ao uso e á cesión dos seus datos por medio dunha comunicación ao enderezo de correo electrónico acsug@acsug.es , mediante un correo postal dirixido a ACSUG, Rúa Lamas de Abade s/n Edificio CIFP Compostela 5ª planta. 15702 Santiago de Compostela , ou ben por medio doutras formas admitidas en dereito.

Igualmente, os usuarios poden exercer o dereito a estaren informados sobre as finalidades para as que autorizan o uso dos seus datos, sobre as cesións realizadas pola ACSUG dos seus datos a terceiros que teñan que coñecer os datos persoais dos usuarios para poderen prestar o servizo de forma eficiente a través do presente aviso legal, e, se for caso, mediante os correspondentes avisos por parte da ACSUG aos usuarios.

A ACSUG estende esa política de protección de tratamento de datos de carácter persoal á prestación de todos os seus servizos.

5. LIMITACIÓN DE RESPONSABILIDADES

A ACSUG non será responsable dos danos e dos prexuízos de calquera natureza que poidan derivar do acceso aos contidos, ás informacións, ás opinións e ás imaxes facilitadas polos usuarios ou por terceiros que sexan contrarios á lei, á moral, á boa fe e á orde pública, que infrinxan dereitos de propiedade intelectual e industrial ou que conteñan vicios, defectos ou virus informáticos e rutinas de software similar.

Por outra banda, a ACSUG non ten coñecemento de contidos presentes no seu sitio web contrarios á lei, á moral, á boa fe e á orde pública, que infrinxan dereitos de propiedade intelectual e industrial ou que conteñan vicios, defectos ou virus informáticos e rutinas de software similar. No momento en que se teña coñecemento da ilicitude dalgún dos contidos, das opinións e dos conceptos que se achan no seu sitio web, procederá á súa retirada inmediata nun prazo non superior a vinte e catro horas, agás causa de forza maior.

A ACSUG non se responsabilizará do incumprimento, por parte de terceiros, das súas obrigas ou dos seus compromisos en relación cos servizos prestados aos usuarios a través do sitio web.

A ACSUG non se responsabiliza do uso ilícito, neglixente, fraudulento, contrario ás presentes condicións xerais, á boa fe, aos usos xeralmente aceptados ou á orde pública, do sitio web, dos seus servizos ou dos contidos, que será de exclusiva responsabilidade da persoa que acceda a estes e que os utilice.

A ACSUG non se fai responsable dos danos e dos prexuízos de calquera natureza que poidan derivar da dispoñibilidade e da continuidade técnica do funcionamento do sitio web. En calquera caso, a ACSUG levará a cabo todas as actuacións precisas para restablecer os seus servizos en caso de problemas técnicos.

A ACSUG non se fai responsable dos danos e dos prexuízos que poidan derivar do coñecemento que puidesen ter dos datos dos usuarios as persoas non autorizadas e do uso que fagan no sitio web utilizando estes datos.

6. XURISDICIÓN E LEIS APLICABLES

As presentes condicións xerais de uso réxense pola lei española.
A ACSUG e o usuario, con renuncia expresa a calquera outro foro que lles puidese corresponder, sométense á xurisdición dos xulgados e dos tribunais do enderezo do usuario para cantas cuestións se puidesen suscitar ou para cantas accións se puidesen exercitar derivadas da prestación do servizo da web, dos seus servizos e contidos, e sobre a interpretación, a aplicación, o cumprimento ou o incumprimento do aquí establecido. No suposto de que o usuario teña o seu enderezo fóra de España, a ACSUG e o usuario, con renuncia expresa a calquera outro foro que lles puidese corresponder, sométense á xurisdición dos xulgados e dos tribunais de Santiago de Compostela.