O director e membros do staff de ACSUG celebraron a súa primeira reunión de traballo para programar e fixar o cronograma das diversas actuacións que deberán levar a cabo no novo curso universitario 2026-2027, co fin de coordinar os diferentes procesos de acreditación, de clarificar as competencias institucionais e de planificar a súa estratéxica.
Entre outros acordos, decidiuse priorizar a finalización do Plan Estratéxico, para a súa aprobación en decembro e avanzar na avaliación de todos os títulos que o MUI remita a ACSUG para a súa acreditación, con cronogramas claros e precisos, de acordo coa Consellería de Educación, Universidades e Formación Profesional.
Debateuse, ademais, sobre a participación de ACSUG na verificación de novos centros adscritos en Galicia e analizouse o modelo de acreditación en Latinoamérica, acordando a planificación da actualización das guías de avaliación.
Nesta primeira reunión, confirmouse a participación de ACSUG no evento de REACU en Cataluña (2-4 nov) e planificouse a coordinación coa CIUGA e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa dunha xornada cos orientadores de centros de bacharelato para darlles a coñecer as titulacións do SUG e os datos de inserción laboral dos egresados dos diversos graos implantados en Galicia.
