Próxima publicación da convocatoria de acreditación do profesorado universitario 2026

Infórmase de que a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) da convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á contratación de profesorado universitario polas universidades do Sistema Universitario de Galicia, correspondente ao ano 2026 (procedemento ED702B), está prevista para o día 8 de xuño de 2026.

As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia nos prazos e condicións establecidos na convocatoria.