ACSUG participa nas Xornadas Técnicas REACU 2026

ACSUG participou nas Xornadas Técnicas REACU 2026 da Red Española de Agencias de Calidad Universitaria, organizadas pola Agencia Canaria de Calidad Universitaria y Evaluación Educativa (ACCUEE), celebradas en Santa Cruz de Tenerife os días 5 e 6 de febreiro. Un encontro que reuniu por primeira vez persoal técnico e directivo das distintas axencias de calidade co obxectivo de intercambiar experiencias, mellorar e avanzar a partir dos coñecementos compartidos. Ao longo das dúas sesións realizouse un traballo colaborativo e un intercambio de boas prácticas. O persoal técnico de ACSUG participou de maneira activa en varias mesas de traballo: Acreditación institucional e certificación dos SIGC, Avaliación de Títulos Universitarios Oficiais, Avaliación do profesorado laboral ou Implicacións do novo RD 905/2025 e o seu impacto no aseguramento da calidade.

Paralelamente tivo lugar a reunión dos directores de REACU co secretario xeral de universidades para dialogar, suxerir e consensuar o borrador das Bases xerais do procedemento e dos criterios de avaliación das memorias para a creación ou recoñecemento dunha universidade, ademais de estudar e analizar outros temas que afectan aos procesos de acreditación universitaria, que son responsabilidade de cada unha das once Axencias de Calidade existentes en España.