Xuntanza Universidades SUG-ACSUG

O 21 de xaneiro de 2026 celebrouse na ACSUG unha reunión de coordinación na que participaron as persoas responsables das áreas de calidade e os vicerreitorados con competencias en xestión da calidade de centros e títulos das catro Universidades do SUG (UDC, USC, UVIGO e UIE). Á reunión tamén asistiron dúas representantes da Secretaría Xeral de Universidades da Xunta de Galicia. O obxectivo da xornada foi presentar a planificación de títulos e centros para o curso 2025-2026, no que se prevé a avaliación dos seguintes expedientes:

  •  8 Verificacións.
  •  91 Modificacións substanciais
  •  7 Modificacións non substanciais
  •  32 Renovacións de Acreditación de Títulos
  •  9 Sistemas de Garantía de Calidade de Centros
  •  2 Renovacións de Acreditación Institucional de Centros

Na reunión tamén se trataron outros temas como o Programa Docentia, Programas Académicos con Recorridos Sucesivos (PARS) e aspectos de mellora dos distintos procesos de avaliación realizados por ACSUG.