Un técnico de ACSUG participa nun comité externo de ENQA

Luis Velón, técnico de calidade e relacións internacionais de ACSUG, formou parte do comité nomeado por ENQA para a avaliación externa da axencia A3ES de Portugal, seguindo os “Criterios e Directrices para a Garantía da Calidade no Espazo Europeo de Educación Superior” (ESG).

O proceso transcorreu desde setembro de 2023 ata setembro de 2024, incluíndo unha visita presencial a Lisboa en xaneiro de 2024.