Partición no proxecto ECALFOR

En marzo de 2021, ACSUG asinou un acordo de asociación para colaborar no Proxecto “Evaluación de la formación del profesorado en América Latina y Caribe. Garantía de la calidad de los títulos de educación-ECALFOR” dentro do programa da Unión Europea Erasmus+. Trátase dun proxecto integrado por un consorcio internacional de 19 institucións de 9 países de Latinoamérica, Caribe e Europa, coordinado polo Dr. Oswaldo Lorenzo Quiles e liderado por un grupo de profesores e profesoras da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Melilla (Universidade de Granada). O director de ACSUG, J. Eduardo López Pereira, e tres técnicos están participando activamente neste proxecto, que rematará en 2024.

Na primeira fase do proxecto, entre febreiro e xullo de 2021, ACSUG colabora en dúas tarefas do proxecto:

• Avaliación comparativa dos Sistemas de Calidade en institucións de Latinoamérica e o Caribe

• Avaliación comparativa dos títulos de formación do profesorado latinoamericanos e europeos

A partir de setembro de 2021 e ata xuño de 2022 iníciase a segunda fase co desenvolvemento do Paquete de traballo 2, no que ACSUG participa nas tarefas:

• Adaptación de protocolos para a creación e implementación das Unidades de Calidade

• Creación de MOOC de formación: edición de vídeos tutoriais formativos para a formación dos socios acerca da posta e marcha das Unidades de Calidade

En maio de 2022 celebrouse en Melilla o I Congreso Internacional ECALFOR de Calidade e Innovación en Educación Superior.

No último semestre do ano 2022 o traballo centrouse en dúas tarefas:

• Recollida de información e redacción dun informe de resultados obtidos da creación das Unidades de Calidade nas Universidades de Latinoamérica e o Caribe.

• Recollida de información e redacción dun informe a partir da análise DAFO realizado sobre a creación das Unidades de Calidade nas Universidades de Latinoamérica e o Caribe.

No primeiro semestre do ano 2023 o traballo centrouse nas seguintes tarefas:

• Redacción dun informe a partir da análise DAFO realizado sobre a creación das Unidades de Calidade nas Universidades de Latinoamérica e o Caribe.

• Planificación das entrevistas para a asesoría das Unidades de Calidade das Universidades de Latinoamérica e o Caribe que se realizarán entre xullo e setembro.

• Planificación y redacción dun capítulo para a publicación dun Libro sobre o Proxecto ECALFOR na Editorial OCTAEDRO.

A finais de 2023 celebrarase o segundo encontro presencial do proxecto ECALFOR e o II Congreso Internacional ECALFOR baixo o título “Formación do Profesorado, Calidade Educativa e Colectivos Sociais en Situación de Vulnerabilidade”. Estes eventos celebraranse en Sao Luis do Maranhão (Brasil), o 30 de novembr, 1 e 2 de decembro de 2023.

Enlace ao II Congreso Internacional ECALFOR: https://ecalfor.eu/ii-congreso-internacional-ecalfor/

Máis información sobre o proxecto ECALFOR (https://ecalfor.eu)