Luis Velón, técnico en xestión de calidade de ACSUG, participou como observador externo no comité que levou a cabo a avaliación internacional ABET (Accreditation Board for Engineering and Technology) do Máster en Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.
O proceso de avaliación incluíu unha visita presencial á universidade, realizada os días 23 e 24 de outubro de 2023.