Participación de ACSUG na reunión final do proxecto Qual-AI-ty Engagement en Bruxelas

O 5 de abril de 2023, o proxecto Qual-AI-ty Engagement organizou un evento en Bruxelas titulado "Aproveitamento da intelixencia artificial para innovar a educación superior: oportunidades e ameazas". Con mais de 100 participantes, este evento xuntou a voces líderes no eido da educación superior para discutir o impacto da IA e explorar o seu potencial para transformar o ámbito da educación.

Un dos aspectos mais destacados do evento foi a presentación de QUALIA, unha ferramenta impulsada por intelixencia artificial desenvolvida como parte do proxecto Qual-AI-ty Engagement, financiado pola UE. QUALIA recompila e analiza grandes mostras de datos cuantitativos, proporcionando ás institucións de educación superior mecanismos para mellorar as súas evidencias e indicadores de garantía de calidade.