Convocatoria ordinaria 2022 para os complementos de recoñecemento á excelencia curricular

Hoxe 28 de abril do 2023, publícase no DOG, a Resolución de 18 de abril do 2023 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular e se abre o prazo de presentación de solicitudes correspondentes á convocatoria do 2022 (código de procedemento administrativo ED701A).

Guía do solicitante

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 2 de mayo ata o día 30 de mayo incluído.

A aplicación para cumprimentar a solicitude e anexos estará ABERTA desde o 2 mayo

ATENCIÓN!

De acordo co establecido na convocatoria, deberá cubrir telematicamente a solicitude (anexo III) no modelo dispoñible a través da aplicación informática da ACSUG. Conforme ao disposto no artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, a presentación das solicitudes (PDF xerado previamente na aplicación da ACSUG) deberá realizarse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal/portada.

CODIGO DO PROCEDEMENTO: ED701A

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios na sede electrónica, poderanse dirixir ao teléfono de información 012 ou ao correo electrónico 012@xunta.gal.