Webinar “Retos en la formación universitaria del profesorado de Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanza de Idiomas”

ACSUG colabora, xunto con outras 6 axencias de calidade, na organización do seminario en liña “Retos en la formación universitaria del profesorado de Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanza de Idiomas”. Este seminario ten como obxectivos:

  • Ofrecer unha visión xeral e actualizada dos principais retos da formación do profesorado desde a perspectiva do colectivo empregador (reflexión realizada nunha perspectiva internacional, aínda que centrada nos retos da contorna máis próxima).
  • Presentar a opinión do colectivo empregador sobre a adecuación da formación do profesorado a partir dun estudo de caso realizado en Cataluña.
  • Debater sobre cales deberían ser os ámbitos de mellora específicos para a formación do profesorado, para o que as axencias axudarán mostrando resultados xerais das súas avaliacións.

O seminario, de acceso libre, celebrarase o 27 de xaneiro de 2022 ás 11.30 horas.

Máis información e inscrición

Programa