Convenio de colaboración ACSUG-CREUP

O 6 de maio de 2021 levouse a cabo unha xuntanza virtual entre representantes do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) e a Coordinadora de Representantes de Estudantes de Universidades Públicas (CREUP). O obxectivo da xuntanza foi o de iniciar conversacións entre ambos organismos, e posteriormente, en xullo de 2021 realizouse a firma dun convenio marco de colaboración. Neste convenio establécense as bases para futuras actividades conxuntas en temas de participación e representación estudantil.

Imaxe