ACSUG, membro da International Network for Quality Assurance Agencies in Higher Education (INQAAHE) dende outubro de 2020, participou na conferencia do 2021 do organismo. O evento, organizado totalmente online debido á situación provocada pola COVID-19, levouse a cabo entre o 7 e 10 de xuño e incluíu unha combinación de diferentes actividades como seminarios, presentacións e reunións en grupos máis reducidos.