ACSUG renova as certificacións externas do seu Sistema de Xestión da Calidade e do Medio Ambiente ata o ano 2024

A Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR) levou a cabo en marzo de 2021 unha auditoría externa do sistema de xestión de ACSUG. Segundo quedou reflectido no informe final da auditoría, non se detectaron non conformidades durante o transcurso da mesma e o sistema de xestión de ACSUG mantense correctamente actualizado. Como resultado, AENOR concedeu a ACSUG a renovación das certificacións do seu sistema de xestión por un período de 3 años máis, ata o 2024.