Convocatoria ordinaria 2020 para os complementos de recoñecemento á excelencia curricular

Publícase hoxe día 9 de marzo do 2021, a Resolución de 1 de marzo do 2021 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular e se abre o prazo de presentación de solicitudes correspondentes á convocatoria do 2020 (código de procedemento administrativo ED701A).

Guía do solicitante

O prazo de presentación de solicitudes será dende o día 10 de marzo ata o día 9 de abril incluído.

A aplicación para cubrir a solicitude e anexos estará aberta dende o día 10 de marzo.

ATENCIÓN!

Dacordo co establecido na convocatoria, deberá cubrir telemáticamente a solicitude (anexo III) no modelo dispoñible a través da aplicación informática da ACSUG. Conforme ao disposto nol artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, a presentación das solicitudes (PDF xerado previamente na aplicación da ACSUG) deberá realizarse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal/portada.

CODIGO DO PROCEDEMENTO: ED701A

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios na sede electrónica, poderanse dirixir ao teléfono de información 012 ou ao correo electrónico 012@xunta.gal.