Un técnico de ACSUG participa por primeira vez nun comité externo de ENQA

Luis Velón, técnico de calidade e relacións internacionais de ACSUG formou parte do comité nomeado por ENQA para a avaliación externa da axencia THEQC de Turquía. O proceso transcorreu desde setembro de 2019 ata abril de 2020, data na que o Board de ENQA, analizando o informe final do comité, aceptou a THEQC como membro da Asociación Europea de Axencias de Calidade Universitaria. O proceso de avaliación, que incluíu unha visita presencial a Ankara en decembro de 2019, levouse a cabo seguindo os “Criterios e Directrices para a Garantía da Calidade no Espazo Europeo de Educación Superior” (ESG).