Presentación do Índice de Inserción Laboral das Titulacións de Grao (IIL) do Sistema Universitario de Galicia (SUG)

A presidenta da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), Patrocinio Morrondo, o seu director Eduardo López Pereira e o Secretario Xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro, presentaron hoxe o Índice de Inserción Laboral das Titulacións de Grao (IIL) do Sistema Universitario de Galicia (SUG), un indicador de adaptación das diferentes carreiras ao mercado laboral, elaborado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional sobre información primaria da propia Axencia. O obxectivo principal deste indicador é facilitar ao futuro estudantado universitario e ás súas familias unha maior información para a elección de estudos de grao en Galicia. A información baséase nos datos recollidos no Estudo da inserción laboral dos titulados do SUG no curso 2013/2014.

Índice de Inserción Laboral (IIL) das titulacións do SUG