Reunión ordinaria do Consello Reitor de ACSUG

A ACSUG celebrou no día de onte a segunda reunión anual do Consello Reitor, segundo é preceptivo, no que se trataron diversos puntos relacionados coas actividades realizadas durante o ano 2018 e analizáronse as actividades para desenvolver en 2019.

Por primeira vez asistiu a esta reunión a Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Dra. Carmen Pomar Tojo, co secretario xeral de universidades, así como os reitores das tres universidades, vicerreitor da USC e vicerreitora da UDC, o secretario xeral da UVigo, responsables da calidade docente nas súas universidades e o presidente do Consello Social da Uvigo. Ademais das autoridades académicas das tres universidades, estiveron presentes os representantes de Consellería de Facenda e de Economía, así como os representantes do profesorado e do estudantado.

Na reunión fíxose un repaso das actividades desenvoltas por ACSUG neste ano 2018 e se expuxeron e aprobaron as que se van a levar a cabo no 2019. Así mesmo, o director de ACSUG informou de diversos convenios asinados con universidades de México, Perú e República Dominicana para levar a cabo a avaliación de diversas universidades nos devanditos países. Tras a exposición e aprobación do sistema de xestión interno de ACSUG en 2018, foi aprobado tamén o proxecto do orzamento para o ano 2019