A ACSUG participa nas VII Jornadas de Observatorios Universitarios de Empleo organizadas pola Universitat Jaume I

A ACSUG participou nas “VII Jornadas de Observatorios Universitarios de Empleo”, que se celebraron os días 15 e 16 de febreiro na Universitat Jaume I en Castellón.

Estas xornadas foron o punto de encontro de servizos, unidades de observatorios de emprego, axencias de calidade, organismos públicos e outras entidades relacionadas co seguimento e análise da inserción laboral da poboación titulada universitaria. Nesta edición incluíronse no programa distintos actos como conferencias, mesas redondas e comunicacións, dentro das cales, o director da ACSUG participou na mesa redonda “Estrechando la colaboración de los servicios públicos con las Universidades”, na que destacou o valor engadido dos estudos de inserción laboral para a administración, a universidade, os empregadores, os estudantes e a sociedade en xeral.

Na sesión de comunicacións a coordinadora dos estudos da inserción laboral da ACSUG tamén participou coa comunicación “Seguimiento y análisis de la inserción laboral de la población titulada en Másteres en el Sistema Universitario de Galicia (SUG)”. Nesta comunicación presentouse a experiencia da ACSUG no seguimento e análise da inserción laboral dos titulados en másteres realizada desde o ano 2013.