Plan estratéxico ACSUG 2016-2020

A ACSUG aprobou recentemente o seu primeiro Plan Estratéxico 2016-2020, que será a súa folla de ruta para a toma de decisións e para buscar a mellora da excelencia na calidade. Despois dun longo proceso de reflexión e de participación dos diferentes grupos de interese relacionados coa educación universitaria, a ACSUG sinala o futuro cara o que quere encamiñarse, buscando a súa adaptación aos novos procesos emerxentes.

O obxectivo da ACSUG é mellorar o que ven realizando desde a súa creación no ano 2001 e desde a súa integración na Asociación Europea para a Garantía da Calidade da Educación Superior (ENQA), no 2009, e revisar a súa misión, dando resposta aos novos desafíos que se presentan coa innovación constante na educación superior.

Con estes obxectivos emprende a ACSUG un novo rumbo, marcado pola dirección estratéxica que xurde deste novo plan, que nos levará ata o 2020.