Visita do director da ACSUG á universidade ANÁHUAC en Mexico

A ACSUG segue a ampliar os seus horizontes internacionais, neste caso en Iberoamérica, onde está a avaliar diversas universidades, máis concretamente en Perú e en México.

Nesta ocasión o director de ACSUG desprazouse a Universidade Anáhuac de Xalapa (México), onde se procedeu á firma dun convenio entre ambas institucións para que a ACSUG leve a cabo un proceso de acreditación internacional de catro titulacións na devandita universidade, e aproveitou a ocasión para soster unha conferencia sobre “A calidade no modelo educativo universitario en Europa e en España” e manter varios seminarios cos profesores responsables da acreditación das titulacións que van ser sometidas ao proceso de avaliación.