• Relacións e intercambio de información con outras axencias de calidade e organismos relacionados co ámbito universitario

RIACES

A Rede Iberoamericana para o Aseguramento da Calidade na Educación Superior (RIACES) reúne ao redor de 50 membros entre axencias e organismos oficiais que representan a 18 países de América e España.

ACSUG, que desde 2012 vén acreditando con criterios europeos universidades de Perú, México e República Dominicana, forma parte de RIACES desde 2025, cando foi integrada como membro da rede na XXII Asemblea Xeral celebrada en Río de Xaneiro.

A presencia de ACSUG en RIACES reforza o compromiso da axencia para impulsar en maior medida as súas actividades en Iberoamérica.