• Relacións e intercambio de información con outras axencias de calidade e organismos relacionados co ámbito universitario

Proxecto Qual-AI-Ty

ACSUG colaborou, en representación de ECA, no Proxecto Erasmus+ denominado “Fostering Student Engagement through Qualitative Quality Assurance Practices (Qual-AI-ty Engagement)” entre os anos 2020 e 2023.

O obxectivo fundamental do proxecto foi o de romper coa antiga metodoloxía e aplicar un novo enfoque na avaliación da calidade da educación, aproveitando os recursos da Intelixencia Artificial (IA) para adquirir e procesar datos cualitativos, mellorando así a eficiencia e creando unha cultura de calidade para fomentar a participación do alumnado.